Poesia, pensamientos y reflexiones.

El desván del poeta.

- Florido recuncho
Arias Saavedra, Ana

¡Por ires tanto á porfía,
o arelado ti acadaches,
de ledicia verme baldía,
por nela ti enzoufares!,
¡Agora que xa son tristura,
agrura xemelga túa,
renegas da miña agrura,
ó ir de hilaridade baldía!,
¡Érache moi bonitiña,
a miña vida alburgueira,
aleutada vida miña,
murchada e pracenteira!,
¡Érache mundo xocundo,
o meu prezado recuncho,
agora recendente mundo,
fedorento mundo murcho!,
¡O mundo no que eu vivía,
de alegría de ambrosía,
a ledicia de ironía,
vivida cal lucería!,
¡Salfire agora tristura,
salaios salfire agora,
nen ren daquela figura,
refulxente coma a aurora!,
¡Érache moi bonitiña,
moi bonitiña che era,
a miña vida prosiña,
de penas moi cantareiras!,
¡Por tanto ires a porfía,
o teu froito acadaches,
agora do carro guía ,
agruras que aleutaches!,
¡Xa non son eu quen de guialo,
acugulado de penas,
prefiro quedo deixalo,
entre perenas silveiras!,
¡Agora que xa son agrura,
xemelga agrura da túa,
sendo só tristura pura,
quixeras non fose eu túa!,
¡Acadaches o que querías,
mergullase nos pesares,
vagantía de ledicias,
envolta en bágoas agres!,
¡Heite de ben mergullares,
na lentura das agruras,
tanto que as ti de nadares,
deixando rizadas escumas!,
¡Heite de ben enganares,
inda que leda eu me sinta,
polo moito te afanares,
luxarme vida bonita!,
¡Miña vida só tristura,
no meu florido recuncho,
beldade de ledicia pura,
sendo alburgueiro e moi murcho!,
¡Érache moi bonitiña ,
moi bonitiña che era,
a miña vida prosiña,
coma se dita tivera!,

Visitas: 160

Responde a esto

Respuestas a esta discusión

EH??????????????
Fotografía de mi autoría

Responder a debate

RSS

© 2018   Creado por Yoli.   Tecnología de

Emblemas  |  Reportar un problema  |  Términos de servicio